Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón anima a consumir nos locais con comida para levar ou reparto a domicilio

Boqueixón. A través das redes sociais municipais o Concello de Boqueixón volve recordar, como xa o ten feito máis veces ao longo da pandemia, os establecementos da vila que elaboran comida para levar ou que dispoñen de servizo a domicilio. Oito negocios preparan alimentos ou bebidas para levar. Trátase de o restaurante Vente Vindo (Sergude), que ofrece comida por encargo e tamén café; Casa de Xantar Casa Castro (Sergude) ten o mesmo servizo, ao igual que o Restaurante Vía da Prata (Lugar de Vilar, Lestedo), Café Bar García (Ardesende, Codeso) e Café Bar O Imprevisto (Forte).

Pola súa parte, a Parrillada Fuentes (Praza da Feira, Lestedo) permite pedir comida, e o Bar Couto (Lamas, o Burgo) e Taberna O Tapeo (Lestedo) serven café. Hai ademais un negocio, a carnicería A Poita Marela (Lestedo), que conta con servizo a domicilio.

Dende o goberno local lembran que “aínda que se relaxasen certas restricións, a hostalería segue pechada” e por iso animan aos veciños e veciñas a aproveitar esta posibilidade e “gozar do bo facer dos nosos hostaleiros e hostaleiras na vosa casa”, sinalan a través das redes.

FILLOA Por certo que mañá domingo celebrarase a Festa da Filloa de Lestedo virtual. Ás 10.00 publicarase o álbum de imaxes do concurso fotográfico ‘Filloarte’ e comezará a votación. Despois, ás 12.00 horas, terá lugar o atranque virtual dos Xenerais da Ulla. Todo poderá seguirse no Facebook ‘Festa da Filloa de Lestedo’. A.P.

20 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.