Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón anima a ler dende idades temperás

BOQUEIXÓN. A biblioteca municipal de Boqueixón acollerá o vindeiro 23 de abril unha actividade especial con motivo do Día do Libro. Baixo o nome Bibliocanta, ofrecerase unha sesión que achegará ás crianzas ao cancioneiro tradicional galego dun xeito lúdico, ao tempo que se fomentará o hábito da lectura dende idades temperás. Para iso, iniciarase a actividade coa lectura dun conto adaptado ás idades das cativos e cativas asistentes para despois ofrecer ese achegamento á tradición oral da comunidade autónoma. A través desta proposta lúdica, explican fontes municipais, “búscase manter esas melodías para que non caian no esquecemento”. Esta actividade terá lugar entre as 15.30 e as 17.30 horas e está dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 9 anos. A asistencia é de balde, pero hai que inscribirse previamente no departamento de Cultura (cultura@boqueixon.com ou ben no teléfono 981 513 115) antes do día 20 deste mes. C.E.

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.