Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 diciembre 2021
23:27
h

Boqueixón aposta pola autonomía das persoas maiores

Xa está en marcha un novo curso do programa Prevención Da Dependencia // Retómase a actividade atendendo ás demandas das familias das persoas usuarias // Hai un protocolo específico de prevención contra a covid-19 para evitar posibles contaxios

Boqueixón. O Concello de Boqueixón vén de iniciar un novo curso do programa de Prevención da Dependencia. Dado que as persoas usuarias se atopan dentro do coñecido como grupo de risco, elaborouse un protocolo específico de prevención contra a COVID-19. Distancia de seguridade, redución das persoas usuarias que utilizan o transporte, medidas de desinfección, toma de temperatura antes de subir á furgoneta ou entrar no local ou material funxible personalizado son algunhas das múltiples medidas que se están a tomar para evitar posibles contaxios.

As sesións contan con arredor de 10 participantes que acoden todos os martes e xoves pola tarde ao local da parroquia de Vigo para participaren nas distintas actividades. O Concello retomou este programa “debido á demanda das familias das persoas maiores que participan xa que levan dende o mes de marzo nos seus domicilios sen actividade. O programa diríxese a un perfil específico de persoas maiores, que podemos identificar como maiores de risco, porque reúnen unha serie de circunstancias que poden determinar unha rápida evolución a situacións de dependencia, como por exemplo persoas maiores que viven soas, con un deterioro incipiente a nivel físico e cognitivo que comeza a limitar a súa autonomía, con escasos apoios socio-familiares, aillamento social...”, explica a educadora familiar de Boqueixón, María Pereira.

Entre as propostas que se levan a cabo no programa de Prevención da Dependencia atópanse o obradoiro de memoria, entrenamento cognitivo a través dos materiais de estimulación dos que dispón o programa, autoestima, reminiscencia, cultura... Unhas propostas que se complementan con actividades de xeronto-ximnasia e sesións de psicomotricidade fina. “Todas as actividades –explica María Pereira- están dirixidas a mellorar e/ou manter a autonomía das persoas maiores para que poidan envellecer na casa coa maior calidade de vida posible”.

30 sep 2020 / 15:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.