Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón contará con nova senda peonil para aumentar a seguridade

O proxecto abrangue dous tramos da estrada DP-1201 de Rodiño a Codeso

Boqueixón. O proxecto para a mellora da seguridade viaria en dous tramos da DP-1201 de Rodiño a Codeso, no concello de Boqueixón, xa está adxudicado. Así o veñen de confirmar dende a Deputación da Coruña, que aporta a esta actuación un total de 226.843,47 euros.

As obras, que contan cun prazo de execución de seis meses, afectan a unha lonxitude de 1.890 metros da estrada DP-1201 divididos en dous treitos: o primeiro de 1.190 metros que vai do PQ 2+360 ao 3+550 e o segundo do PQ 4+500 ao 5+200.

Os traballos que se levarán a cabo permitirán construír unha senda peonil de 1,8 metros na marxe esquerda dos dous treitos citados, agás no que vai desde o PQ 2+270 ao 3+550, no que se renovarán as beirarrúas de 1,5 metros existentes seguindo as mesmas características da senda, que será de formigón coloreado sobre zahorra. A iniciativa tamén inclúe, para a recollida de pluviais, a execución dun colector e a instalación de arquetas e, para a iluminación, a canalización das tubaxes necesarias baixo a senda.

O alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, aclara que se trata “dunha vella demanda veciñal que se remonta ao 2015”. É por iso que se amosa “moi satisfeito de que finalmente se lle dese luz verde”, apunta.

Hai que lembrar que hai dous anos a Deputación xa fixo un investimento de 130.000 euros para garantir a seguridade no cruce da estrada DP-1201 (de Rodiño a Codeso) coa pista municipal do Forte. Grazas a esta actuación o vial conta cunha intersección que garante unha boa visibilidade para os condutores e viandantes.

Ditos traballos abrangueron un tramo de algo máis de 200 metros da estrada entre os puntos quilométricos 2+100 e 2+360. Neles levouse a cabo a execución dun novo enlace coa carretera municipal do Forte e asemade anuláronse dous tramos da estrada provincial que se atopaba en desuso. A.P.

19 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.