Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón convoca unha segunda edición do taller de manexo do móbil

Boqueixón. O departamento de Cultura do Concello de Boqueixón organiza unha segunda edición do curso de manexo do móbil que, ao igual co celebrado no derradeiro trimestre do ano, terá lugar en Lestedo todos os martes entre febreiro e maio, en horario de 17.30 a 19.00 horas. Trátase dunha formación para a que non é necesario ningún tipo de coñecemento previo e cuxo prezo será de 15 euros ao mes.

Así mesmo, o Concello boqueixonés informa de que aínda quedan prazas libres no obradoiro de Novas Tecnoloxías, que vén de arrincar o semestre este mes de xaneiro. Haberá tres grupos diferentes: dous para alumnado sen coñecementos previos e outro para persoas que xa coñecen a materia. Os prezos e os horarios mantéñense con respecto ao ano pasado.

Así, o nivel I desenvolverase os martes de 15.30 a 17.00 horas no Forte. Para esta formación non se precisan coñecementos previos e o prezo son 15 euros ao mes. O nivel II terá lugar os venres de 10.00 a 11.30 h en Lestedo. Tampouco fai falla ter coñecementos previos e o custo son 15 euros ao mes. Por último, o nivel II impártese os xoves de 10.00 a 12.00 en O Forte. Neste caso, si se precisan nocións previas e o prezo son 20 euros ao mes. As inscricións pódense realizar no rexistro municipal ou a través da sede electrónica, se ben o seu número é limitado. Máis información no 981 513 115.

Por certo que dende o Concello lembran que este sábado terá lugar no pavillón municipal do Forte, a partir das 18.00, unha zumba class. É un evento solidario no que se recollerán produtos de hixiene persoal e do fogar. C.E.

14 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.