Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boqueixón dispón xa dun punto limpo itinerante

Boqueixón. O Concello de Boqueixón recibiu un camión dotado de guindastre e volquete basculante, que permitirá pór en marcha un punto limpo móbil no municipio. O vehículo, achegado pola empresa Grúas y Autoventas Betanzos SL, supuxo un investimento total de 70.180 euros (IVE incluído).

O alcalde, Manuel Fernández Munín, apunta que “aínda que Boqueixón dispón xa dun punto limpo fixo, emprazado no polígono empresarial de Sergude, con este novo servizo pretendemos facilitarlles aínda máis as cousas aos veciños e veciñas á hora de reciclar, xa que iso nos axudará a preservar o noso rico medio natural”, sinalou.

O punto limpo móbil estará dispoñible só para residuos domésticos e conta con oito compartimentos. É unha iniciativa do Concello de Boqueixón, en colaboración coa Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado a través da Unión Europea-NextGenerationEU. Agora, o goberno local procederá a determinar a itinerancia do novo punto limpo móbil polas distintas parroquias, de cuxo horario serán informados os veciños e veciñas. c.e.

20 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.