Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boqueixón entregou os premios do certame de relato curto Neira Vilas

Boqueixón. O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, vén de entregar os premios do VIII Certame de relato curto Xosé Neira Vilas, que premiou a oito alumnas e un alumno que cursan estudos no municipio. Uns premios consistentes nun diploma, vale por material escolar (de 125, 100 e 75 euros) e un exemplar do libro editado polo Concello cos traballos premiados. Munín destacou “o nivel de creatividade e riqueza léxica dos textos presentados a un certame que convocamos para potenciar a lectura e promover a lingua galega escrita como medio de creación e de comunicación”.

As tres gañadoras nas súas respectivas categorías foron Noa Méndez Picallo, por Viaxar non costa nada (Secundaria), Nerea Rendo Sánchez, por Celtia, a pequena guerreira (5º e 6º de Primaria) e Fátima de la Iglesia Lobato, por A canción de Limia (3º e 4º de Primaria). Tamén foron distinguidas Candela Suárez Méndez e Mara Prieto Fernández (Secundaria), Carolina Fernández Chas e Brais Torres Aldrey (5º e 6º de Primaria) e Sofía Liñares García e Nora Rouco González (3º e 4º de Primaria).

O xurado do VIII Certame de relato curto Xosé Neira Vilas estivo composto por Mª Rosario Golmar , membro do padroado da Fundación Neira Vilas; María Fe Pérez, profesora de Lingua e Literatura Galega do CPIP Antonio Orza Couto; Mª Sonia Rodríguez, membro da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, e Rosario Iglesias, técnica municipal de Cultura. arca

11 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.