Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón inclúe o novo PXOM nos orzamentos

Boqueixón. O pleno de Boqueixón aprobou cos votos a favor do grupo de goberno uns orzamentos 2022 por 3.580.131 euros, equilibrados en gastos e ingresos. O edil de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias, calificou as contas garantistas e reais, cunhas inversións reais abertas que, de momento só inclúen os 31.979 euros correspondentes á achega municipal para un proxecto de mellora da estrada Moa-A Pena, que ascende a 160.000 euros e nin sequera inclúe o Plan de Obras Provincial. Porén, o voceiro do grupo de goberno sinalou que “as inversións que se van facer no 2022 poden superar os cinco millóns de euros, o que os converterían nun dos orzamentos máis destacados”. Neste sentido, formalizarase un convenio coa Consellería de Medio Ambiente por 120.000 € para a mellora da praza pública de Loureda e do campo da festa da Granxa. Así mesmo, presentouse un proxecto no IDAE por 4,6 millóns e tramitarase un novo PXOM. O.D. Vilar

21 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.