Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boqueixón mantén en grupos reducidos o programa de Prevención da Dependencia

Boqueixón. O Concello de Boqueixón continúa co seu programa de Prevención da Dependencia, posto en marcha co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza de máis idade. Iso si: debido á situación actual de crise sanitaria, os grupos están formados só por cinco participantes máis a educadora.

As actividades desenvólvense todos os martes e xoves no local da parroquia de Vigo en horario de 16.00 a 19.30 horas. Entre as propostas inclúense estimulación cognitiva, obradoiro de memoria, xerontoximnasia, psicomotricidade fina ou musicoterapia. Ademais, durante o Nadal os participantes tamén se entretiveron con manualidades. De feito, elaboraron os seus propios adornos festivos: unhas candeas que introduciron en botes de cristal e que decoraron con pequenas piñas. Dende o goberno local lembran que se mantén a distancia, a constante hixiene de mans e o uso de máscara, e que se lles toma a temperatura. A. P.

12 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.