Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón reabre o día 5 o ximnasio municipal totalmente renovado

Conta cunha nova sala multideporte e ten asemade un sistema para controlar o acceso

Boqueixón. O vindeiro mércores, 5 de outubro, reabre as súas portas o ximnasio municipal do Forte, no municipio de Boqueixón. Segundo indicaron fontes municipais, o Concello vén de renovar e mellorar as instalacións para facelas máis cómodas e útiles para os usuarios.

Agora o ximnasio conta cunha nova sala multideporte, enfocada ao adestramento funcional e dotada co material propio para a práctica deste tipo de actividades; e ten asemade un sistema de control de acceso para as persoas socias e usuarias de dita instalación.

Dende o goberno local lembran tamén que ese mesmo día (o 5 de outubro) arrancan as actividades deportivas municipais. As persoas interesadas en participar deberán descargar e encher a ficha dispoñible na web municipal (www.boqueixon.gal), que presentarán no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.

A oferta municipal inclúe as escolas deportivas infantís de patinaxe e ximnasia rítmica así como varias actividades para adultos como zumba (no Forte, Lestedo e Camporrapado), pilates (no Forte, Ledesma e Lestedo), bailoterapia (no Forte) e ximnasia de maiores (no Forte). As propostas terán lugar de luns a venres, agás festivos, entre outubro de 2022 e xuño do ano 2023. c.e.

02 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.