Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boqueixón vai ampliar a axuda a domicilio co POS

Boqueixón. A Corporación de Boqueixón deu luz verde ao POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios, o que supón un investimento de 125.584,38 euros. O acordo ratificouse nunha sesión na que tamén se deu luz verde ao POS+ 2021 e aos proxectos incluídos no POS+ 2021 Complementario. A maior parte do investimento do POS Adicional irá dirixido a “ampliar o servizo de axuda a domicilio en todas as súas modalidades, prestando especial atención á de libre concorrencia. Neste senso, buscamos dar cobertura a aquelas persoas que solicitaron esta axuda no 2020 e que aínda non a teñen resolta”, sinalou o alcalde, Manuel Fernández.

Tamén se contempla a creación dun servizo de estimulación cognitiva a través de medios telemáticos. Asemade ampliarase a partida destinada a persoas en risco de exclusión e adquiriranse EPIS para o persoal de Servizos Sociais e usuarios. A.P.

09 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
POS
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.