Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón vai sacar a licitación a adquisición duns mil composteiros

Serán repartidos entre os veciños coa fin de reducir refugallos nos colectores verdes

Boqueixón. Co firme obxectivo de reducir a produción de refugallos nos colectores verdes, e por conseguinte, de apostar pola conservación do medio ambiente, o Concello de Boqueixón vai sacar este mes a licitación a adquisición de preto de mil composteiros que se repartirán entre os veciños e veciñas. “O obxectivo é que todas as casas do municipio conten con cadanseu colector específico para fabricar compost”, sinalou o rexedor, Manuel Fernández.

Por outra banda, e como complemento á iniciativa anterior, promoveranse campañas informativas e formativas para concienciar á poboación sobre a importancia de reciclar e de reducir os residuos que se depositan nos colectores verdes. En verbas do rexedor, “ofreceremos formación específica a toda a poboación que solicite a entrega dun composteiro. Así, axudaremos á correcta elaboración de compost caseiro, poñendo de manifesto todas as súas vantaxes”. A maiores, entregaranse trípticos nos que se explica como separar os refugallos e como realizar a compostaxe caseira.

Hai que lembrar que no útimo pleno de 2020 deuse luz verde a unha bonificación do dez por cento na taxa de recollida do lixo (dos 62,53 euros actuais aos 56,28) coa que se quere concienciar aos cidadáns da importancia de reducir residuos orgánicos. A.P.

15 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.