Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Brión e Ames suspenden actividades pola alta incidencia da covid

O Concello de Brión faise eco de que os contaxios pola covid estanse a estender de xeito masivo, detectándose un gromo no colexio de Pedrouzos na pasada fin de semana. Por iso, recomendan, pero sen obriga efectiva, non levar estes días aos rapaces ao colexio, unha advertencia que tamén asumen dende o instituto para os alumnos que teñan irmáns no CEIP. E en Ames van cancelar un elevado número de eventos polo mesmo motivo, afectando a áreas como Educación, Promoción Económica, Cultura, Medio Ambiente e Normalización Lingüística e obrigando, aquí si, a pechar unha escola infantil.

No caso da capital maiá, caen o programa de conciliación Nadal Lúdico 2021, as Prebadaladas, o campamento da Aula da Natureza, a representación de Rosalía o 28 ou os obradoiros de Nadal. O persoal municipal comezou xa a avisar destes cambios ás familias e as empresas afectadas. Tamén dase por suspendida a actividade ordinaria na gardería A Madalena ao detectarse un caso positivo por coronavirus. En total, teñen 185 casos activos, e a incidencia a 14 días é de 561.

Do mesmo xeito, e segundo a Consellería de Sanidade, a incidencia acumulada en Brión a día 19 de decembro e 14 días, é superior a 500, tendo un total de 45 novos casos diagnosticados. As que si quedaron canceladas como mínimo ata o día 10 de xaneiro foron todas as escolas municipais (deportivas, culturais e de formación, así como as actividades para maiores no polivalente e as clases na escola Municipal de Música). A programación do Nadal mantense, polo de agora, igual que as iniciativas de conciliación.

21 dic 2021 / 08:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.