Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

“Brión en negro” reclama igualdade por terceiro ano consecutivo

Unhas trinta persoas participaron hoxe nunha concentración na praza do Concello // “A pluma viva de Rosalía”, de Os Quinquilláns, porá este venres o punto e final á campaña

Brión. A praza do Concello de Brión acolleu este mediodía a concentración conmemorativa do 25-N ,Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na que participaron unha trintena de persoas. Todas elas levaron camisetas, máscaras, chapas ou calquera outro tipo de prenda incluídas na campaña “Brión en negro”, á que por terceiro ano consecutivo se adheriu o consistorio brionés.

A concelleira de Cultura, Sandy Cebral, foi a encargada de dar lectura a un manifesto institucional no que destacou que “o confinamento domiciliario ao que obrigou a emerxencia sanitaria, lonxe de mellorar a vida de moitas mulleres, fíxollas se cabe máis difícil”. Aproveitou, tamén, para agradecer a todas as persoas, entidades e negocios que se sumaron un ano máis á campaña “Brión en negro”.

PECHE DA CAMPAÑA “BRIÓN EN NEGRO”. A obra “A pluma viva de Rosalía”, do grupo Os Quinquilláns, pechará este venres 27 de novembro, ás 20:00 horas, os actos da campaña “Brión en negro”. Trátase dunha montaxe teatral sobre igualdade e liberdade a partir de textos da poetisa galega. Tero Rodríguez e Lucho Penabade porán en escena unha OBRA baseada nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro, onde se chegou a apedrear a editorial na que acababa de publicar. A entrada será gratuíta, pero con motivo da pandemia o aforo será limitado sendo necesario reservar sitio chamando ao teléfono 981 50 99 08.

25 nov 2020 / 19:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.