Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Brión pon en marcha a novena campaña de recollida de alimentos polo Nadal

As achegas poden entregarse dende hoxe nos distintos departamentos municipais ou no supermercado Froiz de Montebalado

Brión. O Concello de Brión pon en marcha por noveno ano consecutivo a campaña especial de Nadal de “Brión Solidario”, unha iniciativa que busca recoller alimentos para as familias máis vulnerables do municipio. Esta campaña conta co apoio dos veciños e veciñas de Brión, así como do Banco de Alimentos, ao longo de todo o ano e coa chegada do Nadal intensifican a súa colaboración.

Así, todas as persoas e entidades que desexen colaborar nesta nova edición poden achegar alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados, especialmente azucre, produtos de Nadal, conservas e produtos de hixiene persoal. Así mesmo, dende os Servizos Sociais de Brión lembran que tamén son ben recibidos o aceite, o leite, a pasta, o arroz ou as galletas.

As achegas poden entregarse dende hoxe e ata o remate do Nadal nos distintos departamentos municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, Centro Social Polivalente e Biblioteca Municipal) ou no supermercado Froiz de Montebalado. Tamén existe a posibilidade de entregar un donativos en metálico ben na Tesourería Municipal do Concello de Brión ou ben a través dun ingreso na conta do Concello en Abanca de Montebalado. En ambos os dous casos, a persoa ou entidade doadora recibirá o correspondente xustificante de ingreso.

O alcalde, Pablo Lago Sanmartín, explica que que “a campaña lévase a cabo en torno ao Nadal para así poder completar as entregas que o Concello desenvolve ao longo de todo o ano en colaboración co Banco de Alimentos. Deste xeito, buscamos achegarlle ás familias que o precisen aqueles artigos dos que habitualmente non se dispón. Vivimos tempos complicados, pero estou convencido de que volveremos a contar cunha gran colaboración veciñal un ano máis”, afirma.

13 nov 2020 / 14:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.