Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Brión presenta un plan de igualdade para erradicar a violencia machista

Terá vixencia ata o ano 2024 e centrarase na educación, mercado de traballo ou mocidade

Brión. O Concello de Brión vén de dar a coñecer o IV Plan para a Igualdade entre Homes e Mulleres (PIOM), que terá vixencia entre os anos 2021 a 2024. Un plan ao que todos os veciños e veciñas de Brión terán acceso en versión dixital a través da páxina web municipal, dentro das actividades organizadas para conmemorar o Día da Muller, que inclúen tamén o acceso a unha Guía de Linguaxe non sexista e a proxección da película María Solinha nunha sesión de autocine en Bastavales. O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, explica que este plan “será unha ferramenta para loitar contra as desigualdades e para erradicar a violencia de xénero, sumando esforzos coa fin de acadar unha mellora da convivencia e unha sociedade máis igualitaria e xusta”, sinala o rexedor.

Neste sentido enmarcou o traballo levado a cabo nos tres plans anteriores, “nos que se abordaron medidas que buscaban unha mellor conciliación dos tempos, fomentar a corresponsabilidade e a coeducación, así como loitar contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións”, apuntou.

Este plan conta coa financiación da Deputación e foi realizado por Edesga Igualdade. O seu obxectivo é a erradicación da lacrada violencia machista, procurando ofrecer recursos ás mulleres e fortalecer a prevención desde todos os eidos sociais. Nos ámbitos de intervención cóntanse a educación, o mercado de traballo ou a mocidade. C.E.

05 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.