Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Bugallido celebra este domingo as súas festas da Virxe do Carme

Ao longo da xornada haberá unha misa, procesión, así como vermú e verbena

Ames. Este domingo 17 de xullo continúan as festas no concello de Ames coa celebración das festividades da Virxe do Carme na parroquia de Bugallido. Ao longo da xornada haberá misa, procesión, sesión vermú e verbena. Neste senso, o Concello e a concellaría de Cultura colaboran coas festas a través do programa Música nas parroquias, coas actuacións da Coral Antonio Santomil de Bugallido e da agrupación Os Castros.

Así, despois de celebrar as festividades do seu patrón a comezos de xullo, esta parroquia amesá volve estar de festa, cunha xornada na honra da Virxe do Carme. Será este domingo 17 de xullo, cunha programación que busca celebrar por todo o alto a tradicional cita. A festa comezará ás 12.30 horas, cunha misa acompañada pola Coral Antonio Santomil de Bugallido.

A continuación, ao remate da mesma, haberá unha procesión na que actuará a agrupación de gaitas Os Castros. En ambas as dúas actuacións musicais colabora a concellaría de Cultura, a través do seu programa Música nas parroquias. Despois será a quenda da sesión vermú e da verbena, amenizada pola orquestra Alabama Show.

Música nas parroquias é a aposta da Concellaría de Cultura para recuperar as festas das parroquias do municipio de Ames e para apoiar ao seu tecido asociativo. Trátase dun programa vivo que inclúe a todos os grupos musicais e agrupacións tradicionais que pasarán polas parroquias amesás nos meses de verán.

Neste senso, no mes de xullo, ademais destas festas da Virxe do Carme, o programa incluíu os concertos da Coral Antonio Santomil e da Requinta da Maía, nas Festas de San Pedro de Bugallido, e de Luar na Lubre na XVI Festa do chourizo ao viño de Ortoño. Os meses de calor chegan cargados de celebracións. c.g.

16 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.