Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 25 febrero 2021
02:00
h
Os concellos mesturan hoxe actos institucionais e virtuais para render homenaxe a escritora galega máis universal // Angueira lembra que pese a distancia imposta pola pandemia “podemos xuntarnos na alegría e saudar o Día” TEXTO Antía Paramuíño

Caldo, ofrendas, textos musicados e alborada para lembrar a Rosalía

Os concellos de Área rinden hoxe homenaxe a súa poetisa Rosalía de Castro. Alboradas, lecturas de poemas, o Caldo de Gloria, ofrendas e concursos virtuales son algunhas das actividades organizadas para lembrar a escritora galega mais universal.

Así en Padrón, a Fundación que leva o seu nome convida a celebrar este aniversario desde a casa lendo os seus textos, facendo un Caldo de Gloria ou tocando a Alborada para Rosalía. Precisamente, no manifesto da Alborada Anxo Angueira escribe: “Este ano a pandemia reclúenos e dispérsanos. Pero aínda que non poidamos xuntarnos e pisar os espazos públicos coma daquela, si podemos saudar o Día de Rosalía coa alegría da música, coa esperanza da Alborada”.

Aos actos institucionais, que se inician coa plantación dunha filla da Figueira de Rosalía no Parlamento de Galicia, as 09.30 horas, non poderá asistir publico. Ás 12.30 horas plantarase outra no Parque do Recordo do Pazo de Faramello (Rois), e as 13.00 haberá ofrenda floral na estatua de Rosalía en Padrón

Pola súa banda, en Rois o Concello entregará un regalo sorpresa a aqueles que celebren nas redes socias o Día de Rosalia. Silleda organiza un obradoiro virtual para familias, e en Lalín a biblioteca acolle unha exposición. A Estrada, pola sua banda, publica hoxe en You Tube o vídeo da escritora.

No Concello da Pobra do Caramiñal, a Praza de Rosalía de Castro será escenario hoxe ás 13.00 horas dun acto institucional de ofrenda floral ante o monumento adicado á escritora, con acompañamento musical e lectura pública de textos seus.

En Ribeira, a asociación cultural Altofalante vai publicar poemas a través das súas redes sociais para divulgar a figura e a obra de Rosalía coa finalidade de dar a coñecer unha autora feminista e reivindicativa.

Rianxo invita a escoller nunha lista de reprodución de vídeos do YouTube entre máis de 40 artistas que interpretan os poemas en variados estilos musicais. Asimesmo, o IES Félix Muriel editou un caderno con diferentes textos da escritora padronesa e que o alumnado e profesorado empregará para facer unha lectura confinada hoxe. E, dentro do ciclo Camiñando entre mulleres, o alumnado poderá escoitar por teleconferencia á profesora da Universidade de Barcelona María Xesús Lama, premio nacional de ensaio grazas ao seu estudo Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).

Pola súa parte, Outes súmase a celebrar o Día de Rosalía mediante a posta en marcha de actividades cos máis cativos como protagonistas. Así, realizarase unha exposición con poemas ilustrados polo alumnado do CEIP Plurilingüe na casa da cultura; haberá poemas ilustrados pola rapazada nos comercios e tamén se agasallará cun libro e unha flor a quen pase pola biblioteca hoxe.

En Noia, a concellería de Cultura tamén animou aos veciños a lembrar á escritora galega compartindo a súa obra mediante a elaboración de vídeos. Poderán visualizarse na páxina de Facebook.

Dende Ames, e ademais de pendurar versos da autora nos farois, inaugurarán hoxe na Casa Barbazán (18.00 h, no parquin da Telleira, Bertamiráns) o mural Rosalías, de Yoseba MP. Nel varias mulleres, todas co rostro da escritora, danlle contemporaneidade a figura da poetisa. En Teo regalarán unha flor por cada libro que merquen ata hoxe nas librarías D’Ana e Vagoneta Educativa, mentras que Brión remata a iniciativa Imaxes para mil versos, divulgando en redes a figura de Rosalía mediante imaxes e vídeos.

24 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.