Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Campaña de animación á lectura nas bibliotecas e catro librarías amesás

Ames. A campaña Vive o Nadal que desenvolve o Servizo de Animación á Lectura da biblioteca municipal en colaboración coas librarías Lenda, Máinomen e Huargo Artis, de Bertamiráns, e a papelería O Tinteiro, do Milladoiro, está tendo unha boa acollida, tal e como demostra a cantidade de vales entregados ata agora polos libreiros e libreiras amesás. A campaña remata o cinco de xaneiro, e ata ese momento, calquera persoa que merque un libro nas devanditas librarías recibirá un vale que lle dará dereito a participar nun sorteo de 32 premios de 25 euros para canxear por libros. En total repartiranse 800 euros. O sorteo levarase a cabo o día 8 de xaneiro, ás 12.00 horas, nas sedes das bibliotecas municipais situadas nas dúas urbes amesás, concretamente na casa de cultura de Chavián, en Bertamiráns, e na rúa Raxoeira do Milladoiro. M. O.

30 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.