Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cancelas invita a coñecer o coworking do polígono

A Maía. O espazo colaborativo A Proa de Ames celebra o primeiro evento dende a súa inauguración en novembro. Será o Coworking days, un taller que se desenvolverá o vindeiro día 3 de marzo de 18.00 a 19.00 horas e terá como invitado a Gustavo Marcos Cancelas, director executivo da incubadora empresarial Uninova.

Os participantes poderán coñecer, grazas a esta iniciativa e de primeira man, o que é participar nun coworking e poderán facer preguntas. A entrada está limitada a 20 persoas, e poderán reservarse de balde na web do Espazo A Pro, cuxas instalacións foran inauguradas o pasado mes de novembro. Localízanse na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro, nun local, de 400 metros cadrados de superficie, que conta con 36 postos de traballo, tres salas de xuntas, aulas de formación e eventos, zona de recepción, de reprografía, de descanso, aseos e un vestíbulo. Pertence á Rede Provincial de Espazos de Traballo. M. Outeiro

24 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.