Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballeira gañou o premio Laudamuco de teatro en Brión

Brión. A actriz e escritora Paula Carballeira Cabana (Fene, 1972) gañou o IV Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. A autora, residente en Teo, concorreu ao certame con Dentes de coello, obra pola que recibirá un premio de 7.000 € e a publicación da peza por Edicións Positivas.

O xurado, reunido de forma telemática, estivo composto por Carlos-Caetano Biscaínho-Fernandes, Marta Núñez Aboy, Ánxela García Abalo, Oti Ríos e Xavier Castiñeira Blanco, quen actuou como secretario. Escolleu por unanimidade ese texto “pola atmosfera da peza, na que o soño, a realidade e a violencia xeran unha paisaxe dual na que a realidade e a irrealidade se mesturan creando unha peza de gran carga atmosférica”. A acta do xurado destaca ademais “as grandes posibilidades de posta en escena do texto, na que destacan os xogos de sombras e luces, o espazo sonoro”. M. Manteiga

07 abr 2022 / 14:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.