Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carpas para Protección Civil de sete municipios

A Maía. A Xunta de Galicia entregou sete carpas, para ser despregadas en situacións de emerxencia, ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Ames, Carballo, Carral, Cerceda, Lousame, A Pobra e Padrón.

Esta carpa de emerxencias, que se empregará en eventos deportivos e para atender calquera tipo de incidencia, únese a diverso material co que xa contaba a AVPC amesá. Na actualidade, esta agrupación suma trinta persoas e conta con diverso material que empregan nos diferentes operativos nos que interveñen.

Dende a súa creación no ano 2017, Protección Civil de Ames participa en diferentes operativos, entre os que destacan accidentes de circulación, rescates, incendios urbanos e forestais, labores derivadas da pandemia da covid e diferentes eventos culturais e deportivos organizados polo Concello de Ames. Para poder prestar un servizo axeitado dispoñen de diverso material que foron recibindo nos últimos anos. Na actualidade dispoñen de dous vehículos: un Nissan Qashqai e unha pick-up Nissan Navara; un UTV (vehículo para tarefas rápidas) para vixiar o Camiño e realizar labores de asistencia en eventos municipais, especialmente no rural, e atender calquera emerxencia en zonas de acceso complicado; e dúas bicicletas e tres remolques con material para actuar en incendios e tamén en inundacións. M. Outeiro

27 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.