Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Casa de Rosalía pechou o ano cun concerto e a entrega do Baltar Feijóo

PADRÓN. A Casa de Rosalía pechou o ano coa entrega do Premio Baltar Feijóo de Ensaio e Investigación a Aurora Marco pola súa obra Irmandiñas e un concerto da artista viguesa Su Garrido. A entrega do premio correu a cargo do presidente da Funtación Rosalía, Anxo Angueira. Indicar que o xurado elexiu por unanimidade Irmandiñas e salientou que é un traballo “de dilatada investigación que ilumina unha parte fundamental da cultura galega contemporánea desenvolta no periodo das Irmandades: a protagonizada por mulleres”. Trala entrega do premio Baltar Feijóo actuou a cantora viguesa Su Garrido Pombo, que presentou o seu disco Patios de luz. Destacar que Susana Garrido Pombo é unha cantante, músico e compositora galega. O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin. arca

31 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.