Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Casa de Rosalía remata os actos do aniversario

PADRÓN. Este domingo púxose punto e final aos actos polo 50 aniversario da Casa de Rosalía coa cuarta edición do festival Abride a Fiestra. Organizado pola Fundación Rosalía, o evento acolleu diferentes manifestacións culturais. Pepe Carreiro debuxou a Rosalía na Horta da Casa da Matanza, houbo regueifas da man de Luís O Caruncho e Lupe Blanco, libros e literatura por parte de Rompente (Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manolo Romón), o premio Nacional Xesús Fraga; Xurxo Martínez ou Antón Patiño. Non faltou o cinema da man da curta sobre Rosalía A Rosa Incandescente. Asemade presentouse o proxecto Es ti que cantas, que transformou os textos de Rosalía en audiolibros, e tamén un obradoiro de astronomía. Celebrouse unha cata de viños auspiciada pola adega Paco & Lola e regresaron as visitas guiadas por coñecidos persoeiros como Pepe Barro, Manuel Lorenzo Baleirón, María Xosé Bravo, Carlos Dacal e Kathleen March. C.G.

18 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.