Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Case corenta persoas identifican cogomelos en Vedra da man de expertos e Amabul

Vedra. Este sábado desenvolveuse na área de recreo de Agronovo (Vedra) a primeiera xornada do Cogomelar, organizado pola Asociación mediombiental Amabul. Nesta primeira saída os participantes afondaron na metodoloxía para a identificación de cogomelos; aprenderon a observar as cores e formas de sombreiros, himenios, pés, volvas... Todo co obxectivo de saber identificalos por si mesmos.

Asistiron á actividade un total de catro grupos de nove persoas conducidos maxistralmente polo micólogo profesional Chemi Traba, e polos afeccionados Borja Gómez, Fernando Ramos e Fernando González. As vindeiras xornadas do Cogomelar están previstas para os días 24 e 31 deste mes e para o 7 de novembro. Para obter máis información e anotarse hai que chamar ao 620 424090 ou ben no enderezo asoc.amabul@gmail.com. Dende a entidade medioambiental queren agrader a participación e tamén a colaboración dos catro micólogos.

Por certo que onte Amabul celebrou tamén na contorna da área recreativa de Agronovo (Santa Cruz de Ribadulla) unha xornada de control da flora exótica invasora no río Ulla, enmarcada na aula de outono. É unha acción que ten como obxectivo” controlar a praga de tradescantia que está asolando as ribeiras do Ulla”, explican. Xa durante todo o verán organizaron varias citas con este obxectivo, unha propostas que tiveron gran acollida por parte dos voluntarios, que non dubidaron en colaborar para erradicar esta especie invasora. A. PRADA

19 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.