Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

CCOO logra que cumpran coa suba salarial do 6,5 % no servizo de axuda no fogar de Vedra

Vedra. O sindicato CCOO do Hábitat logra que a empresa Atendo, contrata do servizo de axuda no fogar do Concello de Vedra, cumpra coa suba salarial do 6,5 por cento a que está obrigada por convenio.

Nun comunicado feito público indican que tras a denuncia formulada por Comisións Obreiras, o pasado xoves tivo lugar unha mediación no Consello Galego de Relacións Laborais, na cal a empresa encargada do servizo se comprometeu a respectar o pactado.

Segundo explican desde a central sindical, o convenio colectivo vixente estipula que todos os conceptos económicos serán actualizados nunha contía igual ao IPC do ano anterior —neste caso, 6,5 por cento—, os cales serán aboados desde o primeiro mes do ano.

ATRASOS. Así mesmo, tras a mediación deste martes, o aumento comprometido farase efectivo xa na nómina de maio, mentres que na do mes de xullo se pagarán os atrasos correspondentes aos primeiros meses deste ano.

Ademais do acordado sobre a revisión salarial, tamén se tratou o regulamento do rexistro horario a través de aplicacións para o teléfono móbil particular. Neste sentido, explican desde Comisións, acordouse que o uso desta ferramenta nun teléfono particular será voluntaria.

Sobre este asunto indican, finalmente, que as traballadoras que non queiran usar ese rexistro deberano poñer en coñecemento da empresa e no prazo dun mes estableceranse sistemas alternativos para o control da xornada. arca

25 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.