Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 01 julio 2022
14:12
h

Celebran o Día da loita comuneira cun tributo a Xosé Esperante en Mazaricos

Xallas. A Organización Galega de Montes Veciñais en Man común, xunto co Ingateco, celebran o Día da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal, este sábado 22 no salón de actos do concello de Mazaricos.

A efeméride lembra que ese día, pero en 1963, o veciño comuneiro Xosé Esperante, “foi asasinado polas forzas do orde público cando xunto con outros veciños tentaban impedir que as máquinas do Patrimonio Forestal Español entrasen no seu monte veciñal” para botar o gando e prantar eucaliptos.

Os actos comezan ás 11.00 horas coa recepción do alcalde de Mazaricos e a presentación da Unidade Didactica Terras comunitarias/montes veciñais. Ás 12.15 horas desprazaranse ata o monte veciñal de Eirón, lugar dos sucesos acaecidos no ano 1963, e ás 13.00 horas chegará o acto conmemorativo, intervindo os presidentes dos entes convocantes e facéndose unha ofrenda floral. O.D. Vilar

21 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.