Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cento dez mil euros para as familias numerosas

Ames. O tripartito amesán aprobou en xunta de goberno a convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico das familias numerosas do Concello de Ames, que alcanzan un total de 110.000 euros.

As subvencións, que poden chegar a un máximo de 1.200 euros por unidade familiar, buscan axudar aos núcleos con dificultades económicas, fixar poboación e darlle pulos ao crecemento demográfico.

As persoas interesadas xa poden presentar as súas solicitudes na Sede electrónica do Concello amesán, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, ata o venres 15 de xullo (a convocatoria abriu este sábado 18 de xuño).

Poden optar a estas subvencións as familias que teñan fixada a súa residencia habitual en Ames, con ao menos un ano de antigüidade ininterrompido, e que cumpran cos criterios de familia numerosa da Xunta ou doutros organismos similares doutras autonomías.

O importe a recibir dependerá da renda e da cantidade de membros da familia. Deste xeito, as familias solicitantes non deberán superar os 14.108,01€ anuais, no caso de teren 3 fillos, os 16.734,20€ no caso de teren 4, os 18.990,57€ de teren 5, os 21.168,97€ de teren 6, os 23.227,84 de teren 7 e os 25.274,65 de teren 8. As familias con máis de 8 fillas ou fillos non deberán superar os 1.803,73 adicionais por membro. Nas familias monoparentais –ou no caso dos titores–, esixiráselles que leven cando menos un ano empadroados na capital maiá, destacan no Concello. M. Outeiro

21 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.