Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Certame Galetiktokers con 600 euros en galardóns

Ames. A concellería de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames organiza por segundo ano o certame Galetiktokers, co que busca

estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e darlle visibilidade á

crecente comunidade galega na rede social TikTok. E foi este mércores cando a súa edil, Escarlata Pampín, xunto ás influencers e presentadoras Lucía Rodríguez e Fátima Pego, presentou o certame, que busca aproveitar o “talento da xente moza” para “espallar a nosa lingua”, con contidos audiovisuais adaptados a elas e eles. Nesta edición poderá participar rapazada a partir dos trece anos de calquera parte do mundo, enviando o seu vídeo e esta ficha de participación ao enderezo electrónico galetiktokers21@gmail.com, ata o 19 de novembro. Repartiranse catro premios de 150 € nunha gala a celebrar o 16 de decembro na casa da cultura de Bertamiráns. M.M.

28 oct 2021 / 12:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.