Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chamada á orde contra os bancos polo trato aos maiores

ames. O alcalde de Ames, Blas García, vén de dirixir unha carta a todos os directores de bancos no municipio para que lle remitan aos seus responsabeis a preocupación do tripartito polo avance na “perda de servizos” que están a sufrir os usuarios de banca nos últimos tempos. E, en concreto, o rexedor sinala ás persoas maiores como as máis prexudicadas polas eivas que conleva a aceleración dixital dos trámites fronte a perda de atención presencial.

A carta alude as consecuencias da aceleración dixital impulsada pola pandemia que provocou perda de servizos e de atención presencial, diminución de persoal, horarios restritivos para a realización de determinados trámites e imposibilidade, en moitos casos, para facer operacións de xeito presencial nas propias oficinas bancarias.

“Desde a administración –cita literalmente a carta– loxicamente, apoiamos os avances nos servizos dixitais, mais é preciso ter en conta o sector da poboación que máis sofre a fenda dixital, como poden ser por exemplo os nosos e as nosas maiores, que en moitas ocasións ven como as entidades financeiras impoñen demasiadas trabas para levar a cabo operacións sinxelas e de primeira necesidade”, di.

A petición fai referencia asemade a “imposición de importantes comisións”, salientando que estas “aumentan de xeito unilateral mentres se reducen os servizos”. Inclúese tamén o desacordo coa aparición de campañas que intentan incrementar o uso dos servizos de banca electrónica “chegando a terse producido algunha campaña ata denigrante para as persoas” que non son quen. m.m.

21 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.