Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chaman a colectivos e veciños de Terras de Compostela a propor en Brión actuacións

A Maía. O Concello de Brión, xunto co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela, está traballando na elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo 2023-2027, para o que convoca a todos os interesados que queiran propoñer actuacións á xuntanza prevista no polivalente de Pedrouzos, este xoves día 24 ás 19.30 horas.

O obxectivo é dar resposta ás necesidades do territorio e impulsar o potencial local, para o que se está a deseñar un proceso participativo aberto a todas as institucións, axentes económicos e sociais, tecido asociativo e veciños do territorio de actuación interesados en incluír actuacións e debater en torno á futura Estratexia de Desenvolvemento Local. Integran Terras de A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Teo, Santa Comba, Santiago, Dubra e Vedra. Se non poden acudir, teñen en Internet a enquisa (forms.gle/uZ6jER2zF1mtVJDfA) para opinar nela. M.M.

22 nov 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
GDR
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.