Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chega a Boqueixón o 27 a obra ‘Contos de recreo’

Boqueixón. A compañía RedRum Teatro traerá o vindeiro sábado, día 27, ata Boqueixón a comedia musical Contos de recreo. Dirixida por Álex Sampayo, preséntase como un espectáculo complementario a A nena que quería navegar, inspirado na obra Conto de Nadal, de Charles Dickens. En Contos do Recreo amósase a historia de Alicia, unha rapaza que fai falcatruadas ás compañeiras e que cambiará a súa percepción logo de verse inmersa nunha aventura que lembra á historia de Alicia no País das Marabillas.

A cita está prevista para as 12.00 horas e será de balde. Iso si, por motivos de seguridade, o aforo estará limitado polo que as persoas interesadas deberán cumprimentar o formulario dispoñible na web municipal ou na ligazón https://bit.ly/ContosDoRecreo. Está dirixida a un público familiar. A.P.

22 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.