Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega ata O Milladoiro o Canta Música de Apego

AMES. Chega o Canta Música con Apego ata a casa da cultura do Milladoiro o vindeiro xoves 28 (ás 18.00 horas e de balde). A actividade, dirixida a familias con crianzas, busca promover o gusto pola música nos cativos a través do divertimento e do ensino-aprendizaxe de xogos e cancións variadas.

Nesta ocasión, volven unirse ao Apego os artistas Pablo Díaz e Olga Kirk. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Trátase dunha actividade na que cantar, bailar e aprender cancións galegas. Canta Música é un concerto obradoiro da man de Pablo Díaz e Olga Kirk no que se mesturarán cancións modernas e tradicionais. Recoméndase que os nenos leven instrumentos de percusión como pandeiretas ou axóuxeres para acompañar a melodía. m.m.

23 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.