Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chega o Pasabodeghas a Vedra esta fin de semana

Vedra. Esta fin de semana chega a San Miguel de Sarandón, Vedra, un dos festexos máis agardados do ano: o Pasabodeghas. Trátase dunha cita que ten como obxectivo promocionar alternativas culturais e recuperar espazos para ao encontro.

O evento, integrado no Espazo Activo da Ulla, está organizado pola Asociación Cultural San Campio e arrancará o sábado 29 cunha ruta gaiteira, a partir das 17.00 horas, polas adegas. Trátase dunha actividade coa que se logra que as bodegas se convertan en espazos de gastronomía e cultura. Pola noite no espazo Festexarte terán lugar os concertos de grupos de música folk, ska, rock... acompañados dun magosto.

O domingo arrancará cunha foliada ás 12.30. Despois farase un xantar campestre e haberá animación musical. Para acceder ao recinto débese mercar o Pack Pasabodeghas. Non obstante, dende a web do evento (pasabodeghas.com) informan de que xa non quedan packs xuvenís e xerais. Poderanse conseguir o propio día os feitos para os máis pequenos, e hai concertos gratis para todos. c.e.

26 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.