Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Municipios como Negreira ou Oroso premiarán con vales para gastar nas vilas // Carnota repartirá entre os vídeos máis orixinais setecentos euros // Preparan un menú festivo desde Teo // Sergude queda sen recepción aos Xenerais TEXTO Roi Vilas

Chega o Telentroido con actos on line e respaldo ao comercio

O Entroido resístese a desaparecer en Área, con ou sen COVID. E para saír ao paso das restricións da pandemia, moitos concellos optaron por actos e certames a distancia, ante a imposibilidade de convocar os macrodesfiles doutros anos ou os atranques en vivo dos Xenerais. Ademais, moitos dos agasallos consistirán en vales regalo para gastar no comercio de cada municipio.

Así, en Negreira optaron este ano por un telecertame de disfraces (individuais, parellas e familias) remitindo fotos, vídeos ou tiktoks entre o 8 e 17 deste mes ao whatsapp do teléfono 650 358 044 ou por email (cultura.deportes@concellodenegreira.es). Os gañadores levarán premios de entre 150 e 25 € en vales regalo.

Algo semellante, pero cun claro chisco de ollo á hostalería, vai facer a Asociación de Empresarios de Santa Comba, nun certame de fotos nos que os participantes terán que retratarse disfrazados e degustando en casa os pratos dalgún dos locais que participan. Remitiranse ao whatsapp 633 181 817 polas mañás ou ao 618 856 411 (todo o día) entre este venres e o día 17, e premiarase con ceas. En Oroso fan un certame de máscaras, cuxo deseños deben de entregarse nas oficinas do centro cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres, en horario de mañá e tarde e con data límite no 11 de febreiro. Haberá vales regalo como galardóns. Pero ademais, convocan un gran certame de fotos de disfraces, con 15 premios (pódense etiquetar ata o día 12 co seguinte hastag: #enTROIdoOroso).

En Carnota, o Concello tamén celebrará o Entroido cun concurso virtual para as persoas empadroadas. Os participantes terán que enviar vídeos gravados no ámbito familiar das sátiras, cancións ou coreografías que preparasen. Haberá tres categorías (individual, parellas e comparsas) e poñeranse en xogo 700 € para investir no comercio local. As inscricións poden realizarse ata o día 16 (na web municipal).

En Muros, tódalas persoas ou grupos interesados poden mandar a gravación de murgas ou coplas típicas destas datas por teléfono (699 689 296) ou correo (cultura@muros.es). Os vídeos difundiranse por medio da canle de YouTube do Concello, e os traballos que acaden máis gústame obterán agasallos conmemorativos. O prazo de presentación remata o 10.

X en Teo, prantexan unha mostra de coplas populares ao longo da ruta da batalla de Cacheiras, máis unha exposición de cabaliños disfrazados na carballeira de Francos e recursos para que os alumnos non esquenzan o Entroido dos Xenerais, típicos da comarca da Ulla, suspendido este ano. Pra rematar, están a traballar cos hostaleiro teenses s para que oferten uns menús festivos.

Pola súa banda, en Zas convocaron un concurso aberto a toda a veciñanza que ten tres categorías: infantil (ata 12 anos), adultos (máis de 13 anos) e convivintes (dous ou máis membros da unidade familiar). Os participantes deberán enviar un máximo de tres fotografías por disfraz ou ben un vídeo de 30 segundos como máximo ao enderezo cultura.deportes@concellodezas.org ou por Whatsapp ao número 663 776 504. O prazo para participar péchase o 15 de febreiro ás 18.00 horas. Haberá cinco premios, un deles ao mellor Zaschoqueiro. E no caso de Sergude, Boqueixón, a Asociación Pura Raza Cabalo Galego vén de anunciar que se suspende a tradicional recepción aos Xenerais da Ulla. Optarán tamen pola canle virttual, e a través das súas redes os días 14 e 16 de febreiro publicarán unha selección coas mellores fotografías das últimas recepcións.

05 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.