Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega unha nova edición do Festivalo a Dodro

Este 25 de setembro o concello de Dodro vai dar a acollida a unha das grandes citas culturais da nosa comarca para despedir o verán: o Festivalo, que se celebra este 2021 baixo un epígrafe que fala por si só dos seus obxectivos: Resistencia e Alegría! O programa inclúe as actuacións musicais de Secho e Berlai, con cadansúas bandas. Será en Manselle o día 25 de setembro a partir das 21.00 horas. O festival conta co apoio da Deputación da Coruña e máis do Concello de Dodro.

Secho é un artista local que comezou a súa andaina co disco Xa fai un tempo (2016), publicado coa banda imaxinaria Os Invisibles. Estes meses está presentado Recuperar, que está a ter moi boa aceptación nas plataformas en liña (tal e como se desprende das reproducións obtidas en Youtube polo tema As sensacións)

Polo que respecta a Berlai, é o proxecto musical do artista compostelán Xiao Berlai, que nos vén de dar a coñecer un máis que interesante traballo discográfico xerado e madurado durante o confinamento pola COVID, Cas Berlai, chegado logo do éxito de pública e crítica do seu primeiro traballo, Desconhecido.

Tamén no contexto das Festas de Manselle, ás 16:00h, vaise celebrar a derradeira proba da Dodro Liga de Bolos, no mesmo campo do Valo de Manselle en que se fai o Festivalo, na que se decide o campión da liga.

23 sep 2021 / 12:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.