Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chegan a Vedra charlas e catas que festexan a Festa do Viño máis online

Mañá ofrecerase unha conferencia virtual e o sábado, a degustación será a porta pechada

Vedra. A pesar de que as circunstancias non permiten pór en marcha ningún tipo de celebración, o certo é que os Concellos están a deseñar toda clase de propostas telemáticas, ou con aforo reducido, para non deixar pasar os festexos máis populares. É o caso de Vedra, que durante este mes desenvolve un pequeno programa con motivo da 40 edición da Festa do Viño da Ulla. Mañá venres, ás 20.00 h, terá lugar unha charla que leva por nome O posicionamento da Ribeira do Ulla na D.O. Rías Baixas. Unha conferencia que será online e na que participa Ramón Huidobro Vega, secretario xeral da D.O. Rías Baixas. Ao día seguinte, o sábado 10, farase no Pazo de Vista Alegre (ás 12.00 horas) a III Cata-concurso dos viños Rías Baixas Albariño da Subzona Ribeira do Ulla, pero estará pechado ao público.

Tamén durante a xornada dominical a TVG emitirá unha reportaxe en directo dende o campo da festa de San Miguel de Sarandón. Non hai que esquecer que durante todo este mes pódese coñecer máis da historia de San Miguel, da Festa do Viño, da pesca, do salmón e da estación ictiolóxica de Ximonde a través dos vídeos do programa V 12 De Parroquia en Parroquia.

O Concello lembra que está aberto ata o 12 de novembro o prazo do concurso de fotografía A Cultura do viño na Ribeira do Ulla. Repartiranse catro premios.. Hai que enviar as imaxes por wetransfer a casadospeons@concellodevedra.com. A.P.

08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.