Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 28 junio 2022
16:12
h

Chegan ó Milladoiro os segredos da ciberseguridade

Ames. A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC, estréase cun programa de actividades neste mes que inclúe o coloquio Neurohacking: a pandemia invisible, unha proposta sobre ciberseguridade na que coñecer os riscos derivados do uso diario de Internet. Será este xoves 5 de maio, entre as 18.00 e 19.00 horas.

A charla estará conducida polo experto Nacho Álvarez, formado en Investigación Privada e Criminoloxía e con experiencia na Secretaría do Estado de Seguridade ou en Telefónica. Será libre e de balde ata completar aforo na casa da cultura. Será a primeira das 7 actividades programadas ao longo de maio e xuño pola AMTIC, e Álvarez referirase á seguridade na rede e ás precaucións que hai que tomar para usar Internet.

Este coruñés é diplomado en Investigación Privada e graduado en Criminoloxía, está habilitado polo Ministerio do Interior como xefe, director e instrutor de Seguridade. Como parte da súa experiencia laboral neste ámbito, ten colaborado coa Secretaría de Estado de Seguridade, ademais de actuar no eido da ciberseguridade en empresas como SIA ou TelefónicaTech, onde traballa.

O obxectivo central desta charla será que se entendan os riscos aos que se enfrontan a diario ao usar Internet, ao introducir datos persoais, contrasinais ou descargar arquivos. Anotacións no email informatica.milladoiro@concellodeames.gal, ou no teléfono 981 53 59 40. M.O.

03 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.