Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 07 febrero 2023
00:59
h

Cinema Miúdo incluirá un taller sobre os zootropos

Ames. Cinema Miúdo, o festival internacional de cine infantil de Ames organizado pola Concellaría de cultura, chega á Maía do 24 ao 27 de decembro incluíndo, ademais de curtametraxes infantís chegadas de medio mundo e actuacións, un obradoiro creativo: Xoguetería óptica. Coñecendo o zootropo. Os convites para o festival pódense adquirir na billeteira electrónica amesá, e para inscribirse no obradoiro hai que enviar un correo electrónico ao enderezo actividades@cinemamiudo.gal indicando nome, idade e teléfono. O taller consistirá na creación dun zootropo, un xoguete óptico moi popular no século XIX que está nas bases do cinema de animación composto por un tambor circular dentro do cal se colocan imaxes. Ao facelo xirar, as imaxes cobran movemento, por mor dun efecto óptico estroboscópico. Recoméndase esta actividade para rapaces de 7 a 12 anos, e terá dous pases ás 11.00 horas o 26 en Bertamiráns e o 27 no Milladoiro. M. Outeiro

18 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.