Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Clun alcanza as 75 granxas con certificación en benestar animal

Touro. Cooperativas Lácteas Unidas, Clun, celebra un encontro entre as súas granxas certificadas en benestar animal e os equipos técnicos que as asesoran, festexando así que alcanzan o nivel experto nesta acreditación. A reunión terá lugar este xoves 17 a mediodía na Gandería Únicla Casal Vilar, ubicada no Lugar A Portela de San Miguel de Vilar, Concello de Touro.

A xornada, que leva por nome Clun: Expertos en Benestar Animal, chega despois de seis anos con esta certificación, consolidándose como a cooperativa co nivel máis alto neste selo, “o que avala unha traxectoria de compromiso cos principios do benestar animal nas nosas granxas”, aseguran. En total, son 75 explotacións que suman case 7.000 vacas nas categorías de bo e excelente do certificado de Benestar Animal.

Estas granxas aportan leite para as marcas Clesa Bienatur e Únicla, garantindo en cada paso da cadea que o leite procede deste tipo de explotacións. O evento contará coa presenza do director xeral de Gandería e Agricultura; a responsable certificadora Aenor e a xerente de Galicia Calidade, que apadriñan o encontro. Tamén se fará entrega duns detalles a modo de recoñecemento ás ganderías certificadas, aseguran. M. Outeiro

16 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.