Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comezan as actuacións ca Rede Galega de Teatros

Ames. A Xunta ofrecerá ata final de ano catro actuacións escénicas en Ames a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A programación do segundo semestre deste circuíto cultural, organizado en colaboración cos concellos, arranca o venres ás 18.00 horas na casa da cultura de Bertamiráns con Semente. O home que plantaba árbores, a cargo da compañía Eme2 emoción&arte.

A peza, inspirada en feitos reais, narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente por facer especial o lugar onde vive. O protagonista consegue cos seus propios medios reforestar unha das rexións máis áridas e inhóspitas de Francia. Xa en outubro, o día 1, a casa da cultura de Bertamiráns acollerá, ás 20.20 horas, a obra O Premio, de La Quintana. Trátase dunha comedia ácida que fala dun futuro marcado polo progreso tecnolóxico e a loita cara o éxito. Neste mesmo mes, o día 15, chegará a programación á casa da cultura do Milladoiro, co espectáculo musical O libro da selva, de Teatro Avento Producións. A función está prevista para as 18.30 horas. E o peche da programación deste segundo semestre porao Malasombra Producións con Bernarda, unha peza inspirada na obra de Federico García Lorca A casa de Bernarda Alba, que traslada a acción a unha vila de Galicia en 1975, no mesmo marco, pero o dezanove de novembro ás 20.30 horas. M.M.

17 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.