Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 08 diciembre 2021
18:08
h

Contacontos en lingua oral e de signos para a rapaza de Brión

“Unhas gafas como as do avó” representarase hoxe na sala municipal de exposicións, ás 18.00 horas

Brión. O contacontos “Unhas gafas como as do avó” chega a Brión da man de Caxoto Contacontos. Trátase dunha iniciativa que forma parte da programación do III Festival Brión Inclúe xa que se trata dun contacontos inclusivo: Caxoto Contacontos narrará en lingua oral a aventura, mentres que Gema Santos o irá interpretando en lingua de signos.

O espectáculo presenta a Laura, unha nena que un día sente curiosidade polas gafas do seu avó e se pregunta como se verá o mundo a través delas. O que comeza sendo unha pequena trasnada acabará convertida na maior das aventuras.

O espectáculo celebrarase ás 18: 00 horas na sala municipal de exposicións de Brión.

O III Festival Brión Inclúe pecharase mañá ás 20:00 horas, no centro social polivalente co espectáculo “Arte-Homo-Natura”, da Compañía 5S, grupo multidisplinar de arte inclusivo, danza, teatro e música que leva participando no Brión Inclúe desde o seu inicio.

20 nov 2020 / 14:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.