Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contacontos para rapaces de 3 a 8 anos nas bibliotecas

A Maía. Acaba de abrirse o prazo de inscrición nunha nova actividade de animación á lectura que ofrecen as bibliotecas municipais de Ames para a cativada. Nesta ocasión, trátase dun contacontos pensado para cativos de entre 3 e 8 anos, que terá lugar tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, realizándose tres quendas en cada lugar e sempre a partir das 17.30 horas.

Para participar é necesario anotarse enviando un correo electrónico (ao email biblioteca@concellodeames.gal) ou chamando aos números 981 530 807 (para as sesións no Milladoiro) e 981 884 829 (para as quendas en Bertamiráns). Unha sopiña de contos é a nova proposta do departamento de Bibliotecas do Concello de Ames dentro da súa programación do outono. Trátase de seis sesións de contacontos para a rapazada de entre 3 e 8 anos que se desenvolverán os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro na biblioteca do Milladoiro e o 13, 14 e 15 de decembro na de Bertamiráns.

E, ademais, haberá obradoiros para nenos de 3º a 6º de Primaria. Así, incluirase un taller de manualidades de Nadal, que se desenvolverá o 16 de decembro no Milladoiro e o 17 en Bertamiráns. E para adultos, continuarán os encontros literarios. M.M.

22 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.