Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Continuará o AmesOn este venres con Habana CaféSon, no Milladoiro

Ames. Esta fin de semana continuaba a programación do AmesOn e facíao cunha cita solidaria da man da artista brionesa Ruth Cundíns e do seu espectáculo Puedes llegar, un concerto solidario para dar visibilidade á enfermidade de Dent, e que conta coa colaboración de Art for Dent (Asociación Galega da enfermidade de Dent) e dos Concellos de Ames e de Brión.

Este foi o penúltimo concerto que alberga o programa neste mes de xullo. O derradeiro está previsto para o próximo venres 29, coa actuación de Habana Café Son na praza Manuel Murguía do Milladoiro. Pero en agosto continuarán as propostas.

Así, MJ Pérez actuará na praza de Manuel Murgía o día 7 ás 21.00 horas. O luns 8, na mesma ubicación, será o turno de Cé Orquestra Pantasma. Xa o día 9 estará Marifaltri no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Jinetes del Trópico amenizarán o programa o sábado 13, ás 21.00, e Tinta estará ao día seguinte. As Maianas ofrecerán unha actuación o 19 ás 21.00 na praza da Manuel Murguía e Pili Pampín estará o venres 26, a partir das 21.00 horas, no parque do Ameneiral.

En setembro, o punto e final virá da man da orquestra Panaroma, que clausurará o AmesOn o día 18 ás 19.00 horas no Milladoiro. c.g.

26 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.