Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convocan a andaina pola ruta das Leiteiras carnotá

A Maía. A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde dálle continuidade ao programa municipal de andainas saudables cunha nova actividade pola ruta das Leiteiras, situada no Concello de Carnota, o 30. E, ao mesmo tempo, vén de agradecer a alta participación nas xornadas de saúde mental e na I Feira de Saúde. Neste senso, as 216 butacas da casa da cultura rozaron o cheo total.

De volta ca andaina, as persoas que desexen participar no itinerario do vindeiro sábado, de 9 quilómetros, poden inscribirse no enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal ata o xoves, 28 de abril, ás 14.00 horas. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 9.00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 9.15 horas da casa da cultura do Milladoiro. Ofértanse medio cento de prazas, e a ruta transcorre por paisaxes espectaculares e con elementos patrimoniais, segundo a concelleira Luísa Feijóo. M. Manteiga

26 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.