Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Crean unha escola municipal de teatro

AMES. O tripartito amesán vén de aprobar en xunta de goberno o expediente de contratación, polo tipo de procedemento aberto, para unha nova escola municipal de teatro. A licitación terá unha duración inicial de dous anos máis prórrogas. O orzamento de licitación é de 32.018,54 euros e o prazo para presentar ofertas está aberto até o vindeiro día 29.

Hai que lembrar que o Concello de Ames leva desenvolvendo dende hai anos unha ampla oferta cultural e formativa destinada a súa veciñanza. Para a concelleira de Cultura, Natividade González, “unha das pezas clave para o benestar social dunha comunidade é a existencia duns servizos públicos de calidade, sobre todo aqueles que repercuten na calidade de vida da poboación. A participación en actividades culturais fomenta a empatía, a intelixencia social no trato coa sociedade, a seguridade na nosa saúde como un elemento fundamental que rebaixa o estrés e controla as depresións e as ansiedades”, dixo. m. outeiro

17 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.