Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Critican sen éxito o exceso de eólicos na zona de Outes e da Barcala

O PP vén de tumbar no Parlamento galego a proposta dun novo plan sectorial do PSdG

A Barcala. O grupo do PP no Parlamento de Galicia vén de rexeitar a proposta do PSdeG para instar á Xunta á elaboración dun novo plan sectorial eólico pactado cos sectores e concellos afectados. Trátase dunha das medidas que se recollían nunha proposición non de lei na que tamén se solicitaba o rexeitamento á excesiva proliferación de parques eólicos en Negreira e nos de A Baña e Outes, onde están en tramitación en total preto de vinte iniciativas.

Estas infraestruturas, lembraba o deputado socialista Martín Seco, afectarían máis aos concellos ó levar aparelladas numerosas liñas de evacuación, torres de medición ou transformadores. E de saír adiante os polígonos de aeroxeneradores, a capital barcalesa quedaría “encapsulada por infraestruturas eléctricas” e este concello rural acabaría converténdose “nun casco urbano rodeado dun parque industrial”. “Como queren que durman tranquilos os veciños destes concellos”, preguntoulle Seco, “mentres son múltiples os colectivos e administracións que lle pedimos insistentemente que troque un plan sectorial eólico completamente desfasado e necesitado de actualización?”.

Con este pano de fondo, e tras reunirse onte co alcalde deste municipio, Martín Seco advertiu de que a Xunta de Galicia leva “máis de dous meses dando a calada por resposta á petición de reunión cursada polos alcaldes deste municipio e os de Outes, A Baña, Mazaricos e Santa Comba, de diferentes partidos políticos”, apuntaba. O.D. Vilar

29 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.