Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Culpan da demora nas contratacións ao atraso da liquidación e ás baixas

A Maía. O Plan para a mellora da contratación amesá, que asina o propio rexedor Blas García, sinala a falta de persoal e demora en aprobar a liquidación do anterior orzamento como motivos dos retrasos recollidos no primeiro semestre deste ano.

Así, a contratación no primeiro semestre do ano 2022 incluían un total de 38 actuacións programadas (tendo en conta as dúas modificacións aprobadas no mes de febreiro, expedientes GD 1280/2022 e 1593/2022). E destas previsións foron aprobadas un total de 17 actuacións. As principais razóns do atraso na tramitación dos expedientes son, sempre a xuizo do Concello, que todas as actuacións do plan Ames Progresa previstas para o primeiro semestre estaban financiadas con cargo á liquidación do orzamento 2021 e dita liquidación aprobouse o 19 de maio por decreto, polo que con anterioridade non se puido aprobar ningunha licitación incluída no plan Ames Progresa do 1º semestre 2022.

Pero tamén lémbrase que a secretaria titular estivo de baixa por ILT dende o 10 de marzo ata o 2 de maio e a súa substitución tivo lugar mediante réxime de acumulación co secretario do Concello de Boqueixón “que, a pesares da súa alta adicación, dadas as limitacións do réxime de acumulación ralentizou o ritmo normal da contratación”, subliñan.

A pesares de non acadar os obxectivos previstos, dende a administración local salientan “a importante labor desenvolta polo servizo de contratación cunha altísima actividade administrativa que ofrece un total de 17 expedientes aprobados”. E como xa teñen exposto en ocasións anteriores, a actividade de contratación medrou considerablemente nos últimos anos sen que este aumento tivera o reflexo proporcional nas dotacións de persoal.

Xa para o que resta de ano, recollense 66 licitacións, advertindo o Concello de que “sendo esta a previsión de programación para o segundo semestre 2022, a mesma pode experimentar variacións en base ás necesidades e prioridades de cada momento que determinen”. Entre elas, o alugueiro da casa dos maiores de Milladoiro, as cafeterías da casa da cultura ou a mellora da pista de atletismo de Biduído. M. Manteiga

15 oct 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.