Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cultura no Camiño volve con teatro o vindeiro mes

Ames. As comarcas de Santiago acollerán ao longo do verán 72 espectáculos escénicos enmarcados no programa Cultura no Camiño, promovido pola Xunta en colaboración cos concellos. Pero hai que lembrar que a programación na comarca de Santiago comezou a finais de xullo en Ames cos concertos de Bala e Terbutalina, e seguirán alí a finais de setembro cunha obra de EducaTeatro Producións.

Xa para finais de agosto comezan tamén os espectáculos en Teo, cun concerto de Xoan Curiel e, en setembro, co teatro de Rilo & Penedique e de Lila Teatro, xunto á música de Os Monifates e o novo circo de Isla Le Triska. Pola súa banda, Brión concentra o seu programa nos últimos días do vindeiro mes, nos que haberá maxia co Mago Romarís e co Mago Brandán, novo circo con Pistacatro Produtora de Soños e Os d’Abaixo.

Na Barcala, Cultura no Camiño chega á Baña con cinco actuacións, incluíndo este mes a Mamá Cabra e a danza de Vella de Escola e en setembro, co teatro de Fran Rei. Negreira sumará catro: a finais de agosto coa música de Monoulious Dop, para seguir en setembro co novo circo de Compañía Asacocirco e do Fakir Flakin, así como co teatro de Troula Animación.

Do mesmo xeito, Santa Comba ofrece catro funcións para o mes: dous concertos, con Mamá Cabra e Zënzar, e dúas pezas teatrais con Barafunda. E Padrón acolle tamén ese mes tres propostas: teatro de Tanxarina e a música de Secho Grupo e Monoulious Dop.

A comarca de Ordes será a que máis funcións acolla, con trinta, distribuídas en Mesía, Tordoia, Frades, Ordes e Trazo, destacando as oito sesións previstas en Frades nas vindeiras semanas: teatro con Caramuxo Teatro, Migallas Teatro, ghazafelhos e Bandullo Azul, e, o vindeiro, novo circo con Troula Animación e con Isla Le Triska, ademais de incluír música co Grupo Bouba e cos Monifates.

Para o desenvolvemento desta edición, a Xunta adxudicou un millón de euros en subvencións ás entidades locais que se sumaron ao circuíto, co que se cofinancia a contratación de máis de 240 formacións artísticas. M.M.

15 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.