Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cumpre 25 anos o Fondo Galego de Cooperación

A Maía. Preto dun cento de representantes de concellos galegos e caboverdianos (entre eles a edil amesá de Benestar Social, Luísa Feijóo), da Administración central e autonómica e de organizacións da sociedade civil, entre outros, conmemoraron o pasado venres o 25 aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán), onde se xestou esta rede de concellos e deputacións. Baixo o lema #oglobalélocal, celebrouse un gran acto conducido pola actriz Diana Sieira no que se combinaron os discursos e recoñecementos con lembranzas e emocións, alén da música galega e africana. O alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego, Juan González, foi o encargado de dar a benvida ao evento, no que definiu á asociación municipalista como “un espazo compartido que democratiza a participación de todas as administracións locais galegas en materia de cooperación ao desenvolvemento”, afirmou. M. Outeiro

24 oct 2022 / 23:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.